miércoles, 25 de enero de 2017

F/S Trofeo Calasanz Int. Eirís 3 EPBazán 2010 1

Trofeo Calasanz. Iniciación 2010 - Grupo A
Internacional de Eiris 3 – EPB Pre-benxamin 1

Hoxe remataba a primeira fase do Trofeo Calasanz, e no grupo A cos dous equipos xa clasificados para a fase final polo trofeo. Decidíase a primeira plaza do grupo.
Os convocados foron: Jorge, Xosé, Hugo Jin, Mateo Rodriguez, Dani Linos, Xabi, Edu, Mateo Fariña e Dani Méndez.
Primer tercio dominado polo EPB, con control de balón e empuxando en ataque, conseguindo que o rival apenas cruzase  a línea do medio campo. Tal vez faltou un pouco máis de decisión cara a porta, para conseguir poñerse por diante, pero gran traballo de presión e recuperación de balón.
No segundo tercio o Eiris púxose as pilas, e apenas comenzado conseguía adiantarse no marcador cunha xogada de contrataque ben trenzada pola sua parte. Despóis dun tira e afloxa polos dous bandos, nova contra do Eiris, que nos costou o segundo gol.
So quedaba aferrarse a épica. E asi o fixeron os rapaces. Comenzo fulgurante con presión en toda a pista, e gol tempraneiro do EPB, que daba esperanza. Gran traballo do equipo rival en defensa, e a falta de seis segundos para o o remate, co equipo volcado para conseguir o empate, balón solto, lío no córner e balón que recorre en paralelo a línea de meta e acaba na rede.
En resumen moi bo partido, e destacar que a pesar das baixas do equipo técnico do Club, os rapaces tiveron en todo momento un comportamento exemplar, centrados e con ganas de xogar, un dez para eles.

Crónica: Angel Suárez
Fotos: Rubén Linos

No hay comentarios: