miércoles, 24 de febrero de 2016

Baloncesto Cadete Masculino CB ARTAI, 43-CD LOS LOS ROSALES,39



 
Parciales: 14-7 13-16 8-1 8-15
 
CB ARTAI: Iago (11), Gabri, Rodri, Julio (2), Javi S., Mario (8), Abe, Carlos (2), Manu (9) y 
 
Edu (11)
 

LOS ROSALES: Moreno, Iglesias (6), Perez (4), Prado (2), Doval, Nuñez, Carballo, O.J. 
 
Perez, Serra (9), Varela (2), Valiño y Sanchez (16)

Partido de volta xogado en Carballo o domingo 21 de febreiro.

Outro bo partido ante o equipo do Artai sinónimo dun club que traballa moi ben e que imprime intensidade os 40 min.

Nesta ocasión atrevímosnos a facer unha presión a toda pista, algo que só pódese facer cando os xogadores teñen a confianza necesaria e ademáis foi cun resultado moi positivo pois en ningunha das veces que se plantexou esta presión, fomos rebasados e en dúas, ocasionamos perdas de posesión por pases precipitados, erros que o equipo do Artai non cometeu no ataque en estático.

Sempre fomos por debaixo no marcador pero nunca perdendo por disntancias insalvables, gracias a que cando fallabamos baixo canastra compensábamolo en defensa.

Ao final do encontro os rapaces marcharon satisfeitos coa sensación de seguir competindo e mellorando partido a partido sobre todo porque de non ter fallado oportunidades claras, quizais tiveramos un marcador distinto ao final do encontro.

En resumen un bo partido tamén gracias a un rival co que nos gusta xogar sempre.

Crónica por Cala
 
Foto de archivo

No hay comentarios: