Primeiro
partido desta temporada 2015-2016 do equipo alevín másculino que
deparou o enfrontamento contra outro equipo do "barrio", o Calasanz, que
a priori era favorito para gañar.
E
así parecía que ía ser cando no primeiro sexto conseguiron un parcial
de 0-19 gracias a unha gran defensa e a un xogo rápido de ataque
acompañado dunha gran precisión de cara ó aro.
O
segundo sexto trouxo o "rexurdir" do Emilia que, un pouco máis entoado,
plantou cara e conseguíu que parcial fose máis axustado, 7-10.
A
diferencia parecía insalvable tendo en conta como estaban a xogar os
dous equipos pero, no terceiro sexto, os Emilianos dixeron que eles non
ían ser menos e desplegando un gran xogo defensivo e con rápidas
transicións conseguiron un parcial de 20-0, para un total de 27-29 no
intermedio, que deixaba todo aberto.
E
así foi, no seguinte os de casa seguiron cun xogo moi intenso que poñía
en moitas dificultades ós de Calasanz que a pesar de pelexar por todos
os balóns, non puideron evitar recibir 18 puntos por so 3 que
conseguiron.
Como
era de esperar, no quinto sexto Calasanz botou o resto e volvendo a
ofrecer o seu xogo gañóu o parcial cun 7-26 dándolle a volta ó marcador e
deixándoo nun apretado 52-58.
Comenzaba
o sexto final e os Emilianos saíron con todas as gañas, presionaron
ben, roubaron uns cantos balóns e tiveron acerto no tiro e nas entradas e
cun 16-6 neste tempo puxeron ese marcador final de 68 a 64 que mostra
moi as claras a intensidade que puxeron ambos equipos e todos os rapaces
que participaron, que foron:
Emilia: Iván(16), Gael(9), Joel F O(2), Lucas, Miguel(5), Bruno(2), Oscar, Joel F G(3), Álex(2), Jorge e Víctor(29).
Calasanz; Varela(6), Suárez(10), Dieguez, Calvino(2), Asido?(28), García(10), Vieites(4), Riveira(2) e Alunnet?(2).
Reseña: O siaeiro.ros
Fotos: Santiago Generelo, Oscar Nogueiras e esteban Díaz.
Fotos: Santiago Generelo, Oscar Nogueiras e esteban Díaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario