lunes, 16 de noviembre de 2015

Baloncesto Cadete Masculino Dominicos 39 Rosales55

Partido disputado nunha cancha nova para os xogadores pero que é unha das históricas da cidade da Coruña, por ela pasaron moitos equipos e algúns con xogadores que terminaron debutando na ACB.

Nesta ocasión os nosos rapaces escribiron unha pequena parte da historia desta pista, gañando un partido ante un equipo , curto de cambios pero que deu batalla ata o final, cun resultado de 39 a 55 para Rosales.

Con moitas imprecisións, a vantaxe inicial foi moi importante para darnos tranquilidade durante o partido. Con diferencia o encontro no que tivemos maior acerto nos tiros libres, un síntoma da concentración dos Rosaleros.
 
 
Lamentamos non poder poñer nesta ocasión os anotadores e parciales, pero a acta entregada ao final non recolleu máis que a metade do partido.
 
Crónica por Cala
Fotos Clara Palmou

 

No hay comentarios: