Internacional de Eiris 3 – EPB Pre-benxamin 1
Hoxe remataba a primeira fase do Trofeo Calasanz, e no grupo
A cos dous equipos xa clasificados para a fase final polo trofeo. Decidíase a
primeira plaza do grupo.
Os convocados foron: Jorge, Xosé, Hugo Jin, Mateo Rodriguez,
Dani Linos, Xabi, Edu, Mateo Fariña e Dani Méndez.
Primer tercio dominado polo EPB, con control de balón e
empuxando en ataque, conseguindo que o rival apenas cruzase a línea do medio campo. Tal vez faltou un
pouco máis de decisión cara a porta, para conseguir poñerse por diante, pero
gran traballo de presión e recuperación de balón.
No segundo tercio o Eiris púxose as pilas, e apenas
comenzado conseguía adiantarse no marcador cunha xogada de contrataque ben
trenzada pola sua parte. Despóis dun tira e afloxa polos dous bandos, nova
contra do Eiris, que nos costou o segundo gol.
So quedaba aferrarse a épica. E asi o fixeron os rapaces. Comenzo
fulgurante con presión en toda a pista, e gol tempraneiro do EPB, que daba
esperanza. Gran traballo do equipo rival en defensa, e a falta de seis segundos
para o o remate, co equipo volcado para conseguir o empate, balón solto, lío no
córner e balón que recorre en paralelo a línea de meta e acaba na rede.
En resumen moi bo partido, e destacar que a pesar das baixas
do equipo técnico do Club, os rapaces tiveron en todo momento un comportamento
exemplar, centrados e con ganas de xogar, un dez para eles.
Crónica: Angel Suárez
Fotos: Rubén Linos
No hay comentarios:
Publicar un comentario