martes, 10 de marzo de 2015

Baloncesto Benxamín Mixto JESUITINAS B 35 - EMILIA PARDO BAZÁN-LOS ROSALES 20



Tocou xogar pola fresca,  a hora na que os sábados todavía non están postas as rúas, ás 9:30h.
O partido a priori prometía ser interesante xa que os dous equipos son dun nivel parecido. Os adestradores do Emilia e os nove xogadores disponibles afrontáronno con moitas gañas e moita ilusión e de feito a saída no primeiro tempo foi espectacular, cunha gran defensa novamente roubando balóns e acabando os ataques e os contra ataques con efectividade. Algúns deberon pensar que a cousar ía ser doada e atopáronse conque os locais dixeron, aquí estamos e non madrugamos para nada, e no segundo tempo igualaron o xogo dos Emilianos que empezaron a caer no mesmo problema que se repite todo o ano, a falla de puntería. E así foi o resto do encontro, cun marcador alterno ata o quinto tempo no que Jesuitinas conseguíu unha vantaxe quexa non poderían igualar os visitantes.
En xogo os dous fixeron méritos para que o resultado fora máis igualado pero o marcador é xusto porque reflexa a diferencia de quen errou menos, ou de quen atinou máis.
O equipo laranxa está millorando en case todo pero na precisión do tiro non dan avanzado. Algo terán que cambiar os técnicos porque parece que é un "mal endémico" do Club.

1,2,3,....EMILIA!!!!!
Fotos de Oscar Balado e de Carlos Medrano

No hay comentarios: