jueves, 19 de marzo de 2015

Baloncesto Benxamín Mixto EPBazán-Rosales21 Coreti Femenino72

EMILIA PARDO BAZÁN-LOS ROSALES 21 - CORETI CULLEREDO FEMININO 72

O equipo empezou o partido fatal, nos dous primeiros tempos parecía que as nenas e os nenos aínda "non chegaran" o pavillón. O que estaba a pasar non era normal, pódese errar no tiro, defender floxo, perder balóns..., pero o que se vía na pista non era nada diso, os tempos mortos do adestrador non daban resultado, había algo diferente ó que nos tiñan acostumados...
Algo diferente! Iso era! O adestrador! Non é que fora novo, pero sí era a primeira vez na temporada que lles dirixía un partido como primeiro, e os xogadores non están afeitos a que dende a banda lles estean todo o rato "falando".
Douse conta, adaptouse á forma de dirixir que teñen asimilada e, "bualá", como por arte de maxia empezamos a ver ó Emilia de toda a temporada, pelexóns, decididos, e a non dar unha pelota por perdida, e sobre todo, disfrutando.
O resultado puido ser máis curto pero o equipo de Culleredo é inalcanzable, defenden ben, moi ó límite, e teñen a dúas xogadoras que marcan a diferencia. O que non entendemos é porqué os seus adestradores, co marcador prácticamente pechado, obrigaban as rapazas a facer un "sprint" a tocar a parede do pavillón e volver á cancha a defender cada vez que fallaban un pase ou perdían un balón. ??????? Pero bo, é cousa deles.

Acabouse a liga, gañaron 3 partidos, puideron ser máis, pelexaron en todos, correron coma nunca, e sairon de todos rindo. A que máis? Ah sí, e aprenderon algo máis deste deporte e seguirán aprendendo, para abril empeza a Copa.

A bancada, impresionante!
Este grupo o forman:
Álex, Belete, Bruno, Carmen, Icía, Jimena, Joel, Lucas, Lucía Franco, María, Miguel, Óscar, Pablo, Sabela, e Xiana, tamén adestran aínda que non compiten: , Jorge, Lara, Lucía Fdez., Mar e Marina.

1,2,3,....EMILIA!!!!!!!
Fotos; María Eugenia Serrano


No hay comentarios: