Hoxe Saúl Sánchez Totó deunos unha charla sobre nutrición xeral e orientada ao baloncesto dirixida aos equipos infantis e cadetes do club.
Tivemos a oportunidade de escoitar a un licenciado en Nutrición humana e dietética os consellos para saber cómo, canto e qué comer e beber en xeral e nos momentos en que practiquemos baloncesto.
De maneira moi clara explicou que se pode comer de todo pero sempre e cando fora variado, da importancia de inxerir hidratos de carbono, proteínas, grasas… da importancia de consumir alimentos que aporten vitaminas e tamén dos suplementos alimenticios, das súas posibles vantaxas e dos inconvintes de abusar deles, da precaución sobre a información que existe en internet en nutrición e sobre o comportamento que ten a cafeína e estimulantes no noso organismo…
A charla foi seguida de maneira moi atenta polos equipos e fixeron preguntas interesantes, Cal é a diferencia entre anorexia e bulimia?, cales son as grasas saturadas? Se é recomendable comer antes dun entreno?
En definitiva unha experiencia a ter en conta para facer máis no futuro cos rapaces e rapazas que quedaron sen escoitalo.
Crónica e foto Cala
No hay comentarios:
Publicar un comentario