Moreno2, Diego 4, David 6, Enrique 7, Jano 10, Samu 3, Carballo 2, Plaza 4, Miguel 16, Varela 6, Bort 9 e Boquete 6
BASQUET CORUÑA 02B 32 (12+7+5+8)
Sagna, Perfi, Pastor, Zas 6, Soto 8, Oural 2, CIBEIRA 14, Couceiro, Fernandez 2, Alvarez e Sainz
Partido xogado o domingo 23 de abril as 12:00h no polideportivo de Rosales.
Volvimos
a mellorar o xogo e o resultado co respecto ao partido da ida(+36) algo
que conseguimos en todos os partidos da segunda volta, nótase a
confianza da totalidade dos xogadores, neste partido anotaron polo menos
unha canasta todos os convocados, non puidemos contar con Pablo Sánchez
e Martín Valiño, esperemos recuperalos para o seguinte partido, aínda
que só poden estar 12, sempre é importante contar con todos sanos.
No
partido estivemos cómodos dende o inicio, gañando distancia minuto a
minuto a medida que se acababa o partido. Boa circulación ante unha
defensa fácil pero había que facela, e mantendo a intensidade durante un
encontro que podería ter rematado en...deixarse ir.
Sempre
me gusta agradecer a labor arbitral, pero neste caso e despois de gañar
de 44 puntos, gustaríame engadir que alguén da federación debería
tutelar as persoas que deciden ser árbitros, se non hai xente máis
experta aconsellando a os/as que comezan, máis que axudar a sumar de
experiencia, derivará en renuncias cando cheguen as frustracións e polo
tanto pérdidas para o arbitraxe.
Próximo partido visitando a Cambre, o resultado da ida foi moi axustado 49 a 55, iremos a gañar e loitar polo Basquet average.
Crónica Cala
Fotos Juan
No hay comentarios:
Publicar un comentario