Primeira
final gañada. Nun partido disputado, bonito e cheo de alternativas, os
Rosaleiros venceron a un Marenostrum que demostró porque tamén está
arriba na clasificación, fan un fútbol sala con moito movemento de todos
os xogadores e do balón tratando de buscarlle as costas a defensa e
facendo unha boa presión cando non teñen a pelota. Pero os nosos xogaron
coas mesmas armas, agardando en media pista e pechando ben as liñas de
pase obrigando a que o contrario fixera pases arriscados e recuperando o
balón saía con rapidez cara a portería local.
Con
0-0 ambos conxuntos tiveron un par de oportunidades que os porteiros
resolveron ben. Así as cousas, semellaba que ou había un erro ou marcar
antollábase dificil. E así foi, nunha perda en campo propio por unha boa
presión o Marenostrum adiantase no marcador. El C.D. Los Rosales non
tardou en reacciónar e noutro roubo cun contra-ataque rapidísimo empata.
Máis tarde en dúas situacións parecidas os locais volven a marcar e
case de seguido volven a empatar os visitantes. 2-2 ó descanso e todo no
aire. Os de Los Rosales tiñan que gañar si ou si e sairon con gran
confianza de tal xeito que mediada a 2ª parte conseguían marcar dous
goles e clarificaban moito a situación. A 2 min 30sg do final todo
parecía decidido, os nosos teñen dúas oportunidades que desbarata o
porteiro e recuperan un balón e en vez de xogalo con tranquilidade o
noso xogador sae ó contra-ataque e un xogador do Marenostrum fai falta, o
árbitro non a sinala e, ante a falta de reacción os locais aproveitan e
conseguen meter o terceiro. Na xogada seguinte e co equipo pensando
todavía no gol anterior, fállase un pase e os de Marenostrum montan un
ataque fulgurante que primeiro para o noso porteiro pero o rechace
empúrrao un xogador local a dentro da portería. Quédaba 1:39 para o
remate e, cando xa todos daban por bo o resultado e seguro que máis dun
pensou que se perdía, os Rosaleiros sacaron de centro e lanzáronse a
polo partido tendo nese tempo ata tres ocasións facendo diana nunha
delas para marcar o quinto e poñer o resultado final en 4-5 que os deixa
na terceira praza da clasificación empatado con Hércules A, que será o
próximo rival: Domingo 3, ás 16:30 en As Moas.
Noraboa e a seguir chavales.
O Xornalista Invisible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario