Onte, sábado 14 de febreiro, xa finalizando o entroido, xogouse na polideportiva de Riazor o encontro correspondente á 14ª xornada da fase regular entre o equipo Hogar Santa Margarita e os nosos cadetes.
Aínda que o partido comenzou a unha hora temperá, ás catro da tarde, os nosos rapaces iniciaron o encontro bastante concentrados no xogo. O ritmo do primeiro cuarto foi bó, con intensidade na defensa e con xogadas de ataque ben elaboradas. Ó final deste cuarto, o noso equipo dominaba no marcador por 0-13, rematando cun espectacular gancho coa man esquerda de Rubén (número 22) nos últimos segundos.
O cinco inicial, que xogou todo o primeiro cuarto, foi sustituido complementamente ó inicio do segundo cuarto, o que non desmereceu en absoluto o bó traballo feito polos primeiros. Neste cuarto, o "novo" equipo recolleu ben o testigo e continou a boa labor que se estaba a desenvolver, demostrando, unha vez máis a boa compenetración que está existir nas últimas xornadas. Cunha defensa moi intensa en toda a cancha, que presionaba ó rival desde o seu campo, conseguiron anotar outros 22 puntos, aínda que poido ser algún máis se non fora por algunhas canastras inexplicablemente falladas. Chegábase así ó descanso co marcador favorable ós nosos por 2-35.
Na segunda parte do partido, o Hogar de Santa Margarita atreveuse un pouco máis, o que lles permitiu acadar os 14 puntos cos que remataron o partido, mentras que os nosos rapaces seguiron na sua liña de forte defensa e ataques ben elaborados, aínda que con certa precipitación nalgúns casos. Máis así, lograron outros 36 puntos, o que lles permitiu superar novamente a barreira dos 70 puntos a favor, na súa segunda victoria consecutiva.
Crónica elaborada por Jose LV.
No hay comentarios:
Publicar un comentario