Este partido, disputado na mañá do pasado sábado no pavillón do Ventorrillo, foi un dos partidos máis difíciles disputados polos nosos rapaces, probablemente contra o mellor o equipo do noso grupo, xa que leva gañados todos os partidos que xogou ata o momento.
Aínda que o intentaron, foi moi complicado superar a rapidez do xogo, a boa defensa e a superioridade no rebote do contrario. Ademáis, a medida que pasaba o tempo, o cansanzo foi calando nos nosos, o que propiciou que o contrario aumentara a presión en todo a cancha, convertendo nunha odisea saír có balón controlado dende o noso campo.
O mellor de todo foi, a pesares das baixas, a sensación de equipo unido fronte a adversidade, o cal pódese considerar un valor importante para a formación como persoas dos nosos rapaces.
Desexamos que o próximo partido, que podemos consideralo o "derbi do barrio" (será contra o Calasanz), e onde as forzas estarán máis igualadas, supoña a cuarta victoria dos nosos.
Crónica elaborada por Jose LV.
No hay comentarios:
Publicar un comentario