jueves, 20 de diciembre de 2012

Fútbol sala infantil: Hércules F.S. "B" 1 - 2 Los Rosales


Este partido foi moi disputado dende o principio. A iniciativa e dominio maiormente do equipo "visitante" con moitísimas oportunidades de gol que, nalgúns casos foron petar contra os paus da portería, hai un vello dito que di que tamén xogan, outros sen tanta puntería marcharon fora e, a maioría foron detidas polo porteiro "herculino" que evitou unha derrota por maieira. A pesares desto o Hércules tivo tamén algunha ocasión que resolveron con acerto os porteiros dos Rosales.

Boa campaña, cunha gran evolución dos rapaces e que están a conseguir un bo xogo de equipo a pesar das cinco novas incorporacións e dos tres infantís de primeiro ano que acaban de subir do alevín do Emilia Pardo Bazán.

Agora a pasalo ben nas festas e agardemos que non se "ceben" moito.

Que todo sexa venturoso e moita felicidade.

Crónica elaborada por O Xornalista Invisible.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ola son Raúl do infantil. Quen es???
Jose Vicente???