Domingo, 24 de xaneiro. Pavillón da Sagrada Familia.
O partido comezou ben, cos nosos bastante acertados en ataque nun primeiro sexto que rematou 16-4.
No
seguinte sexto, os rapaces do Compañía de María saíron máis
concentrados e conseguiron remontar cun parcial de 0-13 que deixou o
tanteo en 16-17.
Nos dous seguintes períodos a igualdade foi a tónica, con parciais de 12-12 e 9-9, respectivamente. Os do Emilia puxéronlle moitas ganas, pero non conseguían marcar as diferenzas.
Nos dous seguintes períodos a igualdade foi a tónica, con parciais de 12-12 e 9-9, respectivamente. Os do Emilia puxéronlle moitas ganas, pero non conseguían marcar as diferenzas.
Así,
chegouse ao decisivo quinto sexto. Algúns erros defensivos nosos e un
maior acerto no equipo rival provocaron un parcial de 2-22 a favor do
Compañía de María.
Cun tanteo de
39-59 comezou o último sexto. O Emilia saíu con moita intensidade,
apretando cunha defensa en todo o campo. Un grande esforzo que non tivo
recompensa, xa que este período acabou cun parcial igualado de 11-11.
O macador final foi un 50-70 algo inxusto, tendo en conta que os nosos só «pincharon» claramente nun cuarto.
En
todo caso, a última palabra sobre o resultado definitivo do encontro
teno a Federación, pois o Compañía de María presentou só 8 xogadores.
Felicidades polo esforzo a todos os de laranxa, que lle puxeron moitas ganas.
Ánimo para o próximo encontro e... Forza Emilia!!!
Reseña; Carlos Medrano
Fotos; Santiago Generelo
Reseña; Carlos Medrano
Fotos; Santiago Generelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario