Gran
resultado dos nosos alevíns masculinos nun partido vibrante e cheo de
altos e baixos (e non falamos dos que corren polo campo, claro).
No
primeiro sexto, despois duns minutos moi irregulares, Arturo decidiu
pedir tempo morto para espertar os xogadores e poñerlles as pilas.
Parece que funcionou, porque desde ese momento a superioridade do Emilia
comezou a ser clara.
Os
seguintes dous sextos continuaron na mesma liña: moita intensidade en
defensa de todos os nosos rapaces e ataques nos que case sempre se
conseguía sumar. Isto fixo que a vantaxe do Emilia no marcador fose
aumentando ata máis de 20 puntos no descanso (20-41).
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJxoPvl9gsykf90DI0X6hw2ueuqOEe_cZRWk0kGpofeQ0TfFZNRF4p2NRwi5QOsVqPWnkPGF38E96POvUSTkfB_OEgtfRW5bqj68ANmupZCcLQnVp76GO0eZXak1u18gc_oZpvLgr8j_aT/s200/16.Culleredo_62-EPB_71.jpg)
O quinto sexto foi un vibrante «toma e daca», cos nosos metidos de novo no partido e con alternativas no marcador (14-10 para un total de 54-51).
O
último dos tempos serviu para desfacer esa igualdade. Os leóns do
Emilia apertaron os dentes en defensa e recuperaron unha chea de balóns.
En ataque, os veteranos colleron a responsabilidade e conseguiron
avantaxar de novo o noso equipo cun gran resultado final de 62-71.
Felicidades rapaces! A seguir así! FORZA EMILIA!!!
Crónica Carlos Medrano
Fotos Esteban Díaz e Santiago Generelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario