EMILIA PARDO BAZÁN-LOS ROSALES 28 - ESCOLA DE BASQUET LARACHA 21
A
xornada comenzou como calquera outra, os xogadores e as xogadoras
facendo os exercicios de quecemento previos ao partido, recibindo as
últimas instruccións dos adestradores, todos pedindo que querían saír no
cuarteto inicial..., nada raro.
Pero
no momento no que a colexiada mandou o balón ao aire para empezar o
partido os/as emilianos/as foron a pola pelota como se fora a primeira
que viran na súa vida e como se fora a última que foran ver. Este impetu
levounos a facer unha defensa impresionante sobre o rival que a duras
penas conseguía chegar á zona de ataque. Os roubos de balón se sucedían e
as combinacións en ataque a base de pases tamén pero..., unha vez máis
os múltiples fallos de cara ao aro non permitían que o dominio no xogo
se transformara en algo positivo de no marcador e, aínda que se ían
conseguindo puntos, a porcentaxe era moi baixa. De todos os xeitos e
grazas tamén a que loitaron coma nunca polo rebote e a que forzaron
numerosas faltas persoais con tiros libres, os do Emilia mantiveron unha
cómoda vantaxe durante todo o partido salvo no último período no que os
de Laracha, que tamén pelexaron durante todo o encontro, conseguiron
acercarse a catro puntos, pero os locais reaccionaron e conseguiron
volver a distanciarse ata a diferencia final.
Todos
os que sairon en cada sexto mantiveron a intensidade tanto en defensa
como en ataque, que non baixou en todo o partido na pista nin no
banquiño onde tamén se estaba a animar cando non tocaba xogar.
En resumo; bo partido de todas e todos bastante completo cun xogo máis colectivo, con boa defensa, tirando de fora, conseguíronse dous triples, entrando a canastra e forzando persoais de tiro libre donde houbo unha boa porcentaxe.
A victoria dedicáronlla a Lucas que tivo que ser operado esta semana.
1,2,3...EMILIA!!!!!
Fotos de Oscar Balado
Vídeo de Isabel González
No hay comentarios:
Publicar un comentario