EMILIA PARDO BAZÁN-LOS ROSALES 21 - CORETI CULLEREDO FEMININO 72
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiMMJ_5pNLkZSPw9Z804Zcv1wh0byHZe5jF90vke2CttRzx8EDWMK88jHcm_6fZkecelL9sjvGYdFS_0TKv0dXfZDsIEO1ZLf7MKw7co6kSGgKH_Fx8ddyAkBdOiKJMkKuWotNm41pno4lA/s1600/CORETI+FEM+(1).jpg)
Algo
diferente! Iso era! O adestrador! Non é que fora novo, pero sí era a
primeira vez na temporada que lles dirixía un partido como primeiro, e
os xogadores non están afeitos a que dende a banda lles estean todo o
rato "falando".
Douse
conta, adaptouse á forma de dirixir que teñen asimilada e, "bualá",
como por arte de maxia empezamos a ver ó Emilia de toda a temporada,
pelexóns, decididos, e a non dar unha pelota por perdida, e sobre todo,
disfrutando.
O
resultado puido ser máis curto pero o equipo de Culleredo é
inalcanzable, defenden ben, moi ó límite, e teñen a dúas xogadoras que
marcan a diferencia. O que non entendemos é porqué os seus adestradores,
co marcador prácticamente pechado, obrigaban as rapazas a facer un
"sprint" a tocar a parede do pavillón e volver á cancha a defender cada
vez que fallaban un pase ou perdían un balón. ??????? Pero bo, é cousa
deles.
Acabouse
a liga, gañaron 3 partidos, puideron ser máis, pelexaron en todos,
correron coma nunca, e sairon de todos rindo. A que máis? Ah sí, e
aprenderon algo máis deste deporte e seguirán aprendendo, para abril
empeza a Copa.
A bancada, impresionante!
Este grupo o forman:
Álex,
Belete, Bruno, Carmen, Icía, Jimena, Joel, Lucas, Lucía Franco, María,
Miguel, Óscar, Pablo, Sabela, e Xiana, tamén adestran aínda que non
compiten: , Jorge, Lara, Lucía Fdez., Mar e Marina.
1,2,3,....EMILIA!!!!!!!
Fotos; María Eugenia Serrano
![](https://ssl.gstatic.com/ui/v1/icons/mail/images/cleardot.gif)
No hay comentarios:
Publicar un comentario