Sábado
pola tarde. Mentras algúns estaban a ver o partido do Depor, a mín
doume por pasar a ver o partido alevín que xogaba o Emilia. O partido
tivo pouca historia porque os rapaces do Mediterráneo eran máis baixiños
que os locais e bastante fixeron con tratar de ter algunha vez o balón e
de chegar á canastra contraria, sen deixar de pelexar todo o partido.
"Chapó" para eles.
O
que me sorprendeu gratamente foi a evolución dos/das Emilianos. Tiña
noticias de que estaban a millorar pero só lles vira dous partidos esta
temporada, e a progresión alcanzada no aspecto global do xogo é
espectácular: ben situados en defensa, xogan o ataque con máis sentido,
buscan máis opcións que simplemente botar e correr, o pase o compañeiro
desmarcado, "miran" ó aro cando están en posición cercana a canastra e, a
lo menos neste partido, cun gran acerto no tiro.
Reseña e fotos de: Un que pasaba por alì.
No hay comentarios:
Publicar un comentario