Non puido ser. Aínda que se loitou dende o principio ata o final, o "físico" do contrario e o seu mellor facer levaron ó Obradoiro a unha victoria que a pesar do que dín os números non lles foi doada. Hai que ter en conta que probablemente sexa o millor equipo do grupo.
As/Os "emilianos" van demostrando en cada partido que algo aprenden nos adestramentos, os obxectivos vanse alcanzando pouco a pouco e xa se poden ver millores pases, outra colocación na cancha, máis intención cara ó rebote,...
O máis importante é ver que teñen ilusión e gañas de ir ós partidos, cun gran compromiso a pesar dos horarios que nos están a tocar.
Veña!!!! o próximo sábado imos polo partido e logo unhas vacacionciñas nas que agardamos non engordar demasiado e repoñer forzas para recomenzar no novo ano.
Fotos de María Eugenia Serrano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario