EMILIA
PARDO BAZÁN-LOS ROSALES: 29 CORETTI ETIQUETAS: 23
Terceiro
partido dos mais pequenos do Emilia e…VITORIA!!
O
pasado sábado 29 de novembro as 17:45 horas da tarde, xogaron os
benxamíns do Emilia no pavillón Agra II. O encontro prevíase duro,
máis coa baixa de ultima hora dun dos rapaces, Joel, polo que en
principio íamos xogar con nove rapaces, pero grazas ao esforzo de
Jimena, que antes xogara un partido cos seus compañeiros do equipo
Alevín, puidemos xogar co máximo de 10 xogadores.
E así
comezou o encontro, con moitas ganas coma sempre d@s “Emilian@s”!
No
primeiro sexto chegaron moitos puntos dos nosos e grazas a GRANDÍSIMA
DEFENSA conseguimos deixar os
contrarios en poucos puntos.
A
partir do segundo sexto o partido comezou a igualarse e os equipos
alternábanse no marcador, nunca cunha diferencia de mais de 6
puntos, xa que o intercambio de canastras foi constante entre os dous
equipos, unha pena que non houbera mais puntos por parte de ambos
dado que os intentos foron moitos...
Con
este intercambio de canastras e a forte defensa do Emilia chegábamos
aos compases finais do encontro, gañando por dous escasos puntos o
final do 6º tempo!!! A falta duns segundos para rematar o partido o
equipo de Culleredo empataba a 23!! TIÑAMOS PRÓRROGA!!!
Nos
cinco minutos extra os nosos rapaces e rapazas deron todo en defensa,
a bancada e o banquiño acompañaba os xogadores que estaban na pista
para lograr tres canastras de dous puntos e deixar o equipo rival en
cero para así lograr a primeira vitoria da temporada.
Vitoria
moi traballada dos rapaces que, se xogan contra equipos do seu mesmo
nivel, demostran todo e máis do que poden facer! Pouco a pouco imos
mellorando e perdéndolle medo a competición, así o amosan as
sensacións e resultados logo de xogar cada partido.
Noraboa
a todo o equipo polo traballo que están a facer e as familias por
estar animando noutro gran sábado de baloncesto!!
1,2.3...E-MI-LIA!!!!
Fotos de María Eugenia Serrano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario