Partido que a priori parecía complicado dado que o rival non perdera ningún dos encontros que disputara e, a vista do ocorrido no primeiro sexto, 14-0, todo indicaba que ía ser así.
Sen embargo as/os emilianas/os reaccionaron e a partir do segundo sextoofreceron unha moi boa imáxe, pasando a ser competitivos e poñendo moitas trabas ó xogo arteixán cunha boa defensa e millorando en ataque, aínda que foi polos numerosos fallos no tiro polo que non puideron achegarse máis no marcador.
Nótase moita milloría en xeral e as últimas incorporacións aínda teñen que acoplarse, queda moito por traballar pero coa ilusión e as gañas que poñen seguro que se vai notar ó final.
Reseña e fotos de "Un que pasaba por alí"
No hay comentarios:
Publicar un comentario