miércoles, 14 de mayo de 2014

SALGADO MONTROVE 54 - EMILIO PARDO BAZÁN LOS ROSALES 14



Competición de copa que por "obra e gracia" da federación xogábase a eliminatoria a partido único. Por tanto foi o derradeiro encontro oficial da temporada do que pouco se pode comentar xa que non foi o remate máis axeitado por parte do equipo: só foron xogar cinco rapaces. Isto a parte de que non daba opcións ningunha nin de gañar nin de pasar á seguinte eliminatoria, é unha falta de respeto para o equipo contrario e non da precisamente unha boa imaxe de compromiso e participación.

Hai que salientar a boa disposición e esforzo dos cinco que foron que puxeron o máximo que tiñan para poder xogar un partido completo cando non están acostumados: ben por Diego, Manuel, Roi e os dous Víctor.

Agora queda seguir formándose ata que remate a temporada e a disfrutar no Día do Minibasquet que se vai celebrar en Santiago o 31 de maio e agardamos que participen tamén no 3x3 que organiza o Club Deportivo Los Rosales para a Asociación de Veciños de Los Rosales con motivo das festas do barrio.
Tamén organizan un 3x3 de fútbol sala. Ambos eventos son a fín de semana do 7 sábado, o basquet, e 8 domingo, o fútbol sala, de xuño no pavillón A Roseira. Máis información proximamente aquí no blog.
 
Crónica por O Siareiro Ros
Fotos Juan Iglesias

No hay comentarios: