Non
puido rematar millor a temporada oficial para as rapazas alevíns do
Emilia, CAMPIONAS da Copa Primavera de Federación Coruñesa de Baloncesto
2013/2014.
O
sábado ás 19:00h no pavillón AgraII celebrouse a final desta
competición que comenzou cun primeiro tempo das "emilianas" arrollando
ás rivais, sorprendendoas cunha gran defensa que lles permitíu recuperar
moitas posesións e correr ó contra ataque tendo ademáis unha gran
efectividade de cara á canastra. Cando non se podía acabar a transición,
xogaban en "estático" movendo a bola e movéndose elas con moito
criterio e buscando as millores opcións. Resultado 4-16 para as
"visitantes".
No
segundo tempo as chicas do Obradoiro reaccionaron e cunha defensa ó
límite do permitido conseguiron parar a fluidez do xogo e mantiveron o
resultado igualado neste sexto, manténdose o mesmo "guión" no terceiro
sexto. Resultado ó descanso 18-30.
Comenzaba
a segunda parte e volvíase repetir o do principio, e aínda que o
Obradoiro o intentaba con moitas gañas o Emilia conseguía un gran
parcial e aumentaba a diferencia 20-40, e no quinto sexto ó final era de
27-49.
Todo
parecía moi ben encamiñado pero o Obradoiro incrementou a súa
intensidade defensiva e, con algunha permisividade arbitral, e
aproveitando o cansanzo das do Emilia, conqueriron recuperar varias
posesións e gañar o derradeiro tempo cun parcial de 20-6 que deixaron o
resultado final nese 47-55 que lle da a victoria ó Emilia Pardo
Bazán-Los Rosales.
Todas
as xogadoras estiveron a un gran nivel colectivo e individual e o
"corpo" técnico tamén cumpríu equilibrando moi ben os distintos
quintetos e cortando con oportunos tempos mortos os intentos de reacción
do Obradoiro que tamén fixo un gran partido.
Unha
boa despedida de categoría para as que pasan a infantil para a próxima
temporada e un gran espaldarazo para as que seguen na mesma. Noraboa e a
seguir traballando o que queda de temporada.
Crónica e fotos de O siaeiro.ros
No hay comentarios:
Publicar un comentario