martes, 17 de diciembre de 2013

EMILIA PARDO BAZÁN-CD LOS ROSALES 7 - CALASANZ 57 BASQUET CORUÑA03 52 - EMILIA PARDO BAZÁN-CD LOS ROSALES 2


Dúas reseñas nunha. Quedáranos pendente a da 4ª xornada xogada o 30 de novembro pero o que se poida contar dun partido vale para o outro.

Dous equipos que domiñaron o partido dende o principio sen dar opción algunha os "emilianos" que bastante fan con correr dun lado para outro da cancha e tratando de non perder moitos balóns e de conseguir tirar de cando en vez á canastra contraria.

A estes rapaces non se lle pode negar que teñen e poñen gañas porque as palizas que están levando son para desanimar a calquera pero eles seguen adiante e non fallan a ningún adestramento e cada día con máis interés. Teñen na súa contra o pouco tempo co que contan para adestrar, dúas horas escasas á semana, pero isto xa se sabía antes de empezar, outro problemiña é os poucos xogadores que son, 9, pero esta temporada están respondendo e de momento non fallou ningún, pero isto tamén se sabía antes de empezar.

Polo tanto, que os adestradores se vaian poñendo as "pilas" para que, eses pequenos avances que só ven eles, sexan visibles para todos e sobre todo para os rapaces.

Non desanimedes, e menos agora que por fin temos fotossssssss.

O siaeiro.ros.

No hay comentarios: