miércoles, 18 de mayo de 2016

Baloncesto Cadete Masc. CD Los Rosales 43 Basquet Coruña 56

UNHA DERROTA PARA APRENDER.
Los Rosales 43 Basquet Coruña 56
 Non  foi posible. Òs nosos rapaces non lles servíu a renda de nove puntos que traían do partido de ida e quedaron apeados da copa primavera.


 Fixeron un primeiro tempo onde chegaron a ir nove puntos por riba do rival, o que supoñía un màis 18 no global da eliminatoria. Pero despois do descanso a cousa ía cambiar. O equipo visitante prantexou unha mòi boa defensa sobre as liñas de pase que foi capaz de manter con intensidade ata o final do partido. Houbo momentos que os nosos se puxeron seis arriba, pero o Basquet seguíu con esa confianza en defensa ata lograr igualar a eliminatoria a falta de 22 segundos. No noso derradeiro ataque non fomos quen de anotar para empatar e xogar a pròrroga.



 Digo unha derrota para aprender, porque na medida que sexamos capaces de ser autocríticos co que 

nos pasòu, tamèn seremos capaces de mellorar, e moito.

 Pasado o enfado final hai que deixar de botarlle a culpa os elementos e analizar que o Basquet axiña entrou en bonus e salvo algunha excepciòn, tivemos unha porcentaxe de tiros libres pèsima. Sò con algo màis de acerto nesta faceta houbèsemos pasado de sobra esta eliminatoria. Tamèn podemos analizar por què fallamos tantos pases, por què ante unha defensa presionante nos empeñamos en botar e botar ata afogarnos nun 2x1 no lateral do campo en lugar de facer pases ràpidos.


 O baloncesto è un xogo cuxas regras estàn pensadas non para que gañe o mellor si non para que gañe o que mellor xogue ese día. O contrario non è mellor ca nos, xogou mellor.


 Final dunha temporada positiva, onde se augura un bo futuro para este equipo. Non podemos esquecer que menos un, todos os xogadores son de primeiro ano e estivemos competindo contra unha maioría de rivais de segundo, coa diferenza que esto supòn nestas idades. Por eso fago esta afirmaciòn. Seguro que entre este gran grupo de rapaces e os que viràn de infantil disfrutaremos moito a vindeira tempada.
 Vèmonos na festa final de Gandarío.
 Ànimo e a seguir traballando.



Crónica Xosé Carlos
Fotos Elena Ramos




No hay comentarios: