Sábado 7 de febreiro, 19:15h, AGRA II.
A
cita era para xogar o segundo partido da segunda fase no que había unha
grande incerteza por saber se os pequerrechos do Emilia podían gañar a
un equipo que sempre está moi ben "traballado" pero que viña dunha
primeira fase na que só gañara un encontro e que lles era descoñecido ós
adestradores.
A
realidade foi que efectivamente o equipo está "traballado" en defensa e
non permitían que os "emilianos" chegaran a súa canastra, recuperando
moitos balóns e dándollos a un xogador que él só bastouse para gañar o
partido.
Aínda así os colexiais fixeron unha boa defensa e loitaron arreo para que a derrota non fora máis abultada.
Na
bancada non había unha opinión unánime á hora de xulgar o xogo dos
locais; para uns "non se xogou tan mal", para outros "tan ben coma
sempre"; pero no que todos coinciden é nas gañas que poñen as rapazas e
os rapaces que bastante fan porque non hai que esquencer que só adestran
dous días á semana e non chegan a completar dúas horas.
1,2,3,...EMILIA!!!!
Fotos de Carlos L. Medrano e de María Luisa Peiteado
No hay comentarios:
Publicar un comentario