Outra
vez outro bo partido dos "emilianos", pero outra vez o "fondo" de
banquiño puido con eles. Nesta categoría e en partidos igualados que o
outro equipo teña doce xogadores ou que teña 8 nota moitísimo, son
moitos minutos de gran intensidade, de correr, de defender, non hai
pausas, non se mide o "tempo" e ó final se os xogadores non poden ter un
respiro sempre vas afundindo pouco a pouco. De todos os xeitos estes
rapaces teñen a capacidade de saír como "motos" e acabar igual, o
problema está nos tempos intermedios.
no primeiro 6º os do Emilia
saíron moi "enchufados" e facendo un xogo que prometía e cun Cía que non
se deixaba facer facilmente (9-7); no 2º os "marianos" incrementaron a
defensa e conseguiron parar a racha encestadora deixando que só meterán 4
puntos por 8, acumulado 13-15; o 3º volveu ser de acerto e de saber
atopar o sitio xusto para a entrada ou o tiro e no que os de Compañía
lograron aumentar a diferencia grazas a un par de contra ataques,
parcial de 10-15 e acumulado de 23-30; no 4º entrou o baixón físico e
menos mal que lle pasou ós dous equipos pero ós visitantes menos grazas a
ter máis xente (4-12), acumulado 27-42; chegou o 5º tempo e xa non lle
quedaban forzas a ninguén case nin para coller o balón (6-6) e total de
33-48; e chegou o derradeiro 6º, todos pensando que xa estaba todo
feito, que ían rematar con outra paliza como nos primeiros partidos, que
se dera un pasao atrás sobre os dous anteriores..., pero, non se sabe
de que falaron cos adestradores que os do Emilia saíron que parecía que
empezaba o partido e só a mala sorte impedíu que tres triples entraran
polo aro, o parcial foi de (12-5), as forzas recuperáronse un pouco
tarde pero o esforzo dos rapaces mereceu o aplauso dos "habitantes" da
grada que disfrutaron outra vez co partido.
Xogaron: Alberto, Enrique, Iván, Jose, Manuel, Roi, Víctor I., e Víctor L. Diego e Juan non puideron ir ó partido.
O siaeiro.ros
Fotos de Juan Iglesias
No hay comentarios:
Publicar un comentario