martes, 25 de marzo de 2014

EMILIA PARDO BAZÁN-LOS ROSALES 23 - BALONCESTO CAMBRE 46




Non puido ser; outra vez sete xogadores dando todo o que teñen pero que non son suficientes para aguantar todo o partido ó ritmo que fai falla nesta competición. Mentras as forzas chegan o equipo vai aguantando, en canto a "gasofa" empeza a fallar...

Os rapaces tentáronno e loitaron ata o final, pero entre que os de Cambre eran 12 e que como equipo son mellores, e que teñen un rapaz que parece un "director de orquestra", xoga e fai xogar, pois non foi posible dar máis guerra.

Empezaron nun primeiro sexto arrollador de xogo, defendendo ben e saíndo con rapidez ó ataque a base de pases e prácticamente se utilizar o bote, movéndose ben e conseguindo moi boas e doadas posicións de tiro pero...; fallando unha e outra vez e, aínda que ata se collían rebotes, tamén se fallaban as segundas e ata terceiras opcións. Unha magoa porque puideron conseguir unha boa vantaxe pero non foi así. O segundo sexto foi prácticamente igual pero co Cambre xa máis asentado e empezando a coller diferencias no tanteo. E pouco a pouco baixando, baixando as forzas ata chegar a ese resultado que puido ser moi diferente, non digo que se gañara pero a diferencia tería sido menor se houbera máis tino de cara ó aro.

En resumo, un partido que, aínda sendo dun pouco menos nivel que o da semana pasada, segue nesa liña e agardamos que siga nos que quedan.

Moi ben rapaces.
Crónica por O siaeiro.ros
Fotos Juan Iglesias        

No hay comentarios: