jueves, 20 de marzo de 2014

BASQUET CORUÑA'02 46 EMILIA PARDO BAZÁN-LOS ROSALES 40


Por fin¡ Un partido do que todos saímos contentos: adestradores, pais e, sobre todo, os nenos. Un encontro xogado polos dous equipos con moita intensidade tanto en defensa como en ataque, por momentos de calidade, cos rapaces facendo Baloncesto, xogo en equipo, contra ataque, 1x1, defensa, triples, tiros libres... En fin, deses que paga a pena ver sobre todo en estas categorías, co resultado incerto ata o final, os resultados acumulados nos distintos parciais foron: 5-7, 13-12, 17-12, 31-21, 37-36 e 46-40. As miñas contas particulares danme 3 puntos máis por unha tripla no 1º sexto que non aparece na acta, pero realmente é o de menos, o importante é que os "emilianos" deron todo e máis tendo en conta que só eran 7 e o Basquet tiña a "plantilla" completa, 12.

Moi ben rapaces, a seguir disfrutando o que queda de temporada.
Crónica por O siaeiro.ros
Fotos Juan Iglesias

No hay comentarios: