jueves, 13 de marzo de 2014

EMILIA PARDO BAZÁN 35 - AS MARIÑAS 46


Primeiro encontro da segunda fase da 2ª división alevín másculina de baloncesto. Partido no que os "emilianos" estiveron máis "entonados" que en anteriores ocasións e, salvo en dous dos tempos nos que As Mariñas foi superior grazas a dúas "vigas" que apañaban todos os rebotes, conseguiron equilibrar o xogo e conseguir xogar coma un equipo, levando á práctica algunha das cousas que están adestrando, lástima que non teñan máis tempo pola semana para facelo. De todos os xeitos os adestradores pensan que se puxeran o mesmo interés e as mesmas gañas pola semana que nos partidos, as cousas mellorarían moito máis rapidamente; polo tanto xa sabedes rapaces, a poñerse as pilas.
 
 

Crónica polo Siareiro.ros

 Fotos Juan Iglesias

No hay comentarios: