martes, 26 de enero de 2016

Baloncesto Alevín Masculino EPB Los Rosales 50 - Compañía de María 70



Domingo, 24 de xaneiro. Pavillón da Sagrada Familia.
Os leons do Emilia enfrontábanse ao Compañía de María. Un duelo no máis alto da categoría xa que os dous equipos, xunto co Santa María del Mar, compartían o liderado igualados con 6 vitorias e 2 derrotas.
O partido comezou ben, cos nosos bastante acertados en ataque nun primeiro sexto que rematou 16-4.  
No seguinte sexto, os rapaces do Compañía de María saíron máis concentrados e conseguiron remontar cun parcial de 0-13 que deixou o tanteo en 16-17.
Nos dous seguintes períodos a igualdade foi a tónica, con parciais de 12-12 e 9-9, respectivamente. Os do Emilia puxéronlle moitas ganas, pero non conseguían marcar as diferenzas. 
Así, chegouse ao decisivo quinto sexto. Algúns erros defensivos nosos e un maior acerto no equipo rival provocaron un parcial de 2-22 a favor do Compañía de María. 
Cun tanteo de 39-59 comezou o último sexto. O Emilia saíu con moita intensidade, apretando cunha defensa en todo o campo. Un grande esforzo que non tivo recompensa, xa que este período acabou cun parcial igualado de 11-11. 
O macador final foi un 50-70 algo inxusto, tendo en conta que os nosos só «pincharon» claramente nun cuarto.
En todo caso, a última palabra sobre o resultado definitivo do encontro teno a Federación, pois o Compañía de María presentou só 8 xogadores.
Felicidades polo esforzo a todos os de laranxa, que lle puxeron moitas ganas.
Ánimo para o próximo encontro e... Forza Emilia!!!

Reseña; Carlos Medrano
Fotos; Santiago Generelo

No hay comentarios: