lunes, 11 de enero de 2016

Baloncesto Alevín Masc. Culleredo Almeiras 62 - EPB Los Rosales 71

9 de xaneiro de 2016. Pavillón de Culleredo. 
Gran resultado dos nosos alevíns masculinos nun partido vibrante e cheo de altos e baixos (e non falamos dos que corren polo campo, claro). 
No primeiro sexto, despois duns minutos moi irregulares, Arturo decidiu pedir tempo morto para espertar os xogadores e poñerlles as pilas. Parece que funcionou, porque desde ese momento a superioridade do Emilia comezou a ser clara. 
Os seguintes dous sextos continuaron na mesma liña: moita intensidade en defensa de todos os nosos rapaces e ataques nos que case sempre se conseguía sumar. Isto fixo que a vantaxe do Emilia no marcador fose aumentando ata máis de 20 puntos no descanso (20-41).
Na reanudación non sabemos o que pasou (se cadra a resaca do Nadal?), mais o caso é que chegou a «pájara». O Culleredo, nun gran cuarto sexto seu, conseguiu, minuto a minuto, ir remontando cun parcial de 22-0 ata deixar o partido de novo igualado e cheo de emoción (42-41). 
O quinto sexto foi un vibrante «toma e daca», cos nosos metidos de novo no partido e con alternativas no marcador (14-10 para un total de 54-51).
O último dos tempos serviu para desfacer esa igualdade. Os leóns do Emilia apertaron os dentes en defensa e recuperaron unha chea de balóns. En ataque, os veteranos colleron a responsabilidade e conseguiron avantaxar de novo o noso equipo cun gran resultado final de 62-71.

Un último regalo de Reis: o liderado provisional da categoría (cun partido máis que o segundo). 


Felicidades rapaces! A seguir así! FORZA EMILIA!!!  

Crónica Carlos Medrano
Fotos Esteban Díaz e Santiago Generelo


No hay comentarios: