viernes, 26 de abril de 2013

FUTBOL SALA INFANTIL CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 7 - A.D. PEÑARREDONDA 7



Partido "extraño" no que os Rosaleiros se deixaron empatar un encontro que tiveron gañado en dúas ocasións cando conseguiron poñer o marcador en 4-1 e logo en 7-4. O delegado que suplía ó adestrador avisoulles antes de empezar o partido de que o Peñarredonda ía ser un equipo que loitaría ata o final e que non ía dar ningunha facilidade. E así foi, dende oo principio sairon a deixar que os locais chegaran ata medio campo para nesa zona presionar e tratar de sair con velocidade ó contra ataque. Os Rosaleiros moveron ben a pelota e conseguiron, non sen dificultades ese 4-1, pero empezaron as individualidades e o "Peña." púxose cun 4-3. Nova etapa de xogo combinativo dos Rosales e 7-4. E cando todo parecía que ía rematar así e a pesar de que dende o "banquiño" non se dícia outra cousa que "control e pase", de novo as individualidades, a boa presión dos visitantes e dous erros monumentais en defensa levaron ó empate final cando xa non quedaba tempo.

Hai posibilidades de pasar á final da Copa pero a ventaxa que se tiña con respecto ó gran favorito Hércules A, que viña de empatar na primeira xornada, esfumouse, e é precisamente contra Hércules contra quen se xoga esta fin de semana. E aínda por riba por partida dobre, xa que tamén estamos clasificados para a Copa Intercomarcal que se xoga este sábado en dobre sesión de mañá e tarde.

Moita sorte e xogade, que sabedes facelo.

O Xornalista Invisible.

No hay comentarios: