martes, 16 de abril de 2013

A.V. VENTORRILLO 2 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 7


Comenzou a "copa" e os "rosaleiros" tiñan un enemigo neste primeiro partido, eles mesmos. Na liga gañaran con certa facilidade e iso podía facerlles crer que ía ser doado, e así foi; os rapaces sairon moi relaxados e costoulles moitísimo entrar no partido, todo o contrario que ós rivais que dende o principio sairon a poñer as cousas dificiles e a demostrar que non viñan de paseo. Así as cousas rematou a primeira parte 1-1 para ó comenzo da 2ª meter un gol máis cada equipo.  Pero o Ventorrillo só tiña 6 xogadores contra 9 dos visitantes e a rotación destes permitíulles manter un ritmo que non foron quen de seguir e aínda que continuaron pelexando ata o final os goles empezaron a caer ata ese resultado que poido ser máis abultado senon fora pola  gran actuación do porteiro.
Bo partido para os locais e bo resultado para Los Rosales que deberán volver a poñerse as "pilas" se queren aspirar a gañar esta competición.

O Xornalista Invisible.

No hay comentarios: