A pesar do resultado final 34-8 para Cia de María, partido moi competido
no que primaron as defensas sobre os ataques, o árbitro (que hai que
recordar tamén está en formación) co ánimo de non inxerir no xogo deixou
moito contacto físico entre os xogadores, isto provocou unha cantidade
excesiva de loitas e polo tanto moitos paróns que non axudaron a ver un
bo partido.
Por outra banda e como algo a mellorar nas instalacións,
habería que pedir á administración competente que sustituíra os
taboleiros de madeira opacos, por uns de metacrilato transparentes e asi
non ter que imaxinar dende as gradas as canastras que meten os
participantes.
Crónica elaborada por Cala
No hay comentarios:
Publicar un comentario