Partido correspondente á penúltima xornada de segunda fase da liga, disputado o pasado domingo no pazo dos deportes de Arteixo.
A pesares da derrota, parece que aos nosos rapaces sentoulles algo ben o recente parón ligueiro. Notouse certa melloría no xogo así como no aspecto físico, aínda que todavía lonxe do nivel acado ao final de primeira fase.
Foi un partido disputado por ámbalos dous equipos, pero con vantaxe no marcador para os locais en todo momento. Os dous primeiro cuartos, con parciais de 15-6 e 12-11, foron bastante igualados, onde os nosos chegaron a colocarse a tan só 3 puntos do rival.
Na segunda parte, os de Arteixo aproveitaron o súa vantaxe no aspecto físico, á vez que os nosos perdían algo de folgo, o que fixo que os de casa conseguiran unha distancia cómoda no marcardor. Ao final do terceiro cuarto, acadaron unha vantaxe de 19 puntos (47-28), e terminaron gañando o partido por 28.
A próxima xornada, que se xogará en casa contra o Salgado Montrove, e, salvo cambios de última hora, será o domingo, os nosos rapaces disputarán o último partido desta fase. Dende aquí pido a todos os que poidan que se achegen ao pavillón de As Roseiras a animar ós nosos neste partido para rematar a liga, se é posible, cunha victoria.
Crónica elaborada por Jose LV.
No hay comentarios:
Publicar un comentario