martes, 27 de noviembre de 2012

Minibasquet benxamín Compañía de María B 43 – Emilia Pardo Bazán 11

Segundo partido dos máis peques, nesta ocasión o adversario era físicamente máis forte e non deixou que as/os nosas/os nenas/os competiran como no partido anterior.
Unha saída do Cia de María en presión a toda pista evitaba progresar ata a canastra de ataque, cando houbo máis tranquilidade no Emilia empezaron a chegar os primeiros puntos, conseguindo algún despois dunha boa circulación.
Ao final as cousas foron máis igualadas, nótase que o noso equipo comenza a ir collendo experiencia a medida que pasan os minutos e todas e todos pasan os primeiros minutos en pista.

A seguir pelexando.


Reseña elaborada por Cala

No hay comentarios: