O pasado domingo xogouse un novo partido no pavillón de A Roseira, nesta ocasión contra outro dos equipos fortes do grupo, o Basquet Coruña 98.
O partido comenzou con intensidade por parte dos dous equipos, con alternativas debaixo dos dous aros. O primeiro cuarto terminou cunha lixeira vantaxe para o equipo visitante, o que facía prever un resultado incerto. Sen embargo, o segundo cuarto non resoltou tan igualado como se esperaba, dado que o Basquet Coruña empezou a transitar o balón con velocidade e rapidez, a dominar no rebote, e aproveitar os erros e a falta de intensidade no xogo dos nosos.
O resto do partido foi un calco do segundo cuarto, onde o equipo visitante conseguiu a maioría dos puntos debaixo da canastra. A defensa do noso equipo foi moi débil, o que levou á unha diferenza de máis de 70 puntos no marcador final.
Crónica elaborada por Jose LV.
No hay comentarios:
Publicar un comentario