martes, 27 de noviembre de 2012

A.D. PEÑARREDONDA 2 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 3


Partido xogado na tarde do domingo no Pavillón A Roseira que, sen chegar a ser un gran encontro, resultou moi entretido e disputado. Empezou o noso equipo un pouco nervoso e sen atopar o seu sitio. O Peñarredonda deixoulles o balón e aproveitou dous erros para en rápidos contra ataques poñer un 2-0 no marcador que ós espectadores lles fixo pensar que xa estaba todo rematado. Pero non foi así. Os "rosaleiros" , cunhas boas rotacións dende o banquiño, que permitiron manter un ritmo alto de xogo e coas gañas que puxeron os rapaces, foron asentándose e chegaron o descanso cun 2-1 que permitía a esperanza. Na segunda mitade cunha gran intensidade, con bos movementos de balón e de xogadores, foron a por todas e o seu esforzo tivo recompensa con dous goles máis que lles deron a victoria ó final.
 
 
Reseña elaborada polo xornalista invisible.

No hay comentarios: