martes, 20 de noviembre de 2012

Benxamines Cia-Maria/Emilia Pardo Bazán



Primeira xornada dos máis peques do club ante o Compañía de María, para algúns hoxe era o seu primeiro partido oficial, pero iso non foi motivo para que saíran nerviosos ou dubitativos, todos os integrantes do equipo saíron coas cousas claras dende o inicio, nótase que traballaron ben nos adestramentos da man de Nico.
O partido, se ben tivo os errores propios dos cativos destas idades, non pareceu propio desta categoría, pola circulación do balón nalgúns momentos e pola intensidade dende o principio ata o final, as/os nosas/os nenas/os estiveron case dende o pitido inicial por debaixo no marcador, pero ao final foron capaces de pasar de un 21-28 a poñerse a un so punto a poucos segundos do final.
A falta de 12 segundos o marcador era de 30-33 para Compañía, Nico pediu tempo morto para dar  as instrucións co fin de empatar cunha tripa e ir a un período extra, houbo unha boa circulación do balón e a piques de rematar o partido faltou facer un tiro, pero o xogador que tiña o balón foi moi ben defendido por dous defensores e non conseguiu tirar antes de que soara o pitido final.
A destacar a deportividade de todos os participantes tendo en conta  a intensidade coa que se empregaron en todo momento, son a clase de partido que fai mellores xogadoras/e

Reseña elaborada por Cala

No hay comentarios: