jueves, 1 de junio de 2017

Baloncesto Cadete Fem. Maristas Champagnat 90 CD Los Rosales 01 35



MARISTAS; 90 - CD LOS ROSALES01;  35

Sobrou a mitade do partido.
Encontro correspondente ós 1/8 da Copa Primavera cadete feminina xogado o sábado 27 ás 12h no pavillón de Maristas.

Ante un equipo que nos superaba en todo; número de xogadoras, altura, envergadura y técnica, que se ve moi traballado tanto en defensa coma en ataque, as xogadoras do CD Los Rosales fixeron unha primeira parte de auténtico luxo cunha gran defensa que non permitía ás de Maristas xogar cómodas, pelexando polo rebote e tratando de saír co balón controlado a base de pases, conseguiron unha perda mínima de pases e facendo un xogo de ataque colectivo que por momentos chegou a ser brillante.
Ó descanso chegamos cun 46-23 que se antoxaba excesivo para o que se vira na pista.

Pero..., na segunda mitade todo veuse abaixo, foi coma se de súpeto esgotáranse as reservas: defensa moi froxa que permitía entradas fáciles, dúas e ata tres oportunidades de rebote ofensivo, moitas perdas de pases, e pouca eficacia en ataque desaparecendo o xogo colectivo. Quedamos en 12 puntos en toda a segunda parte.

De todos os xeitos hai que destacar en todas a intensidade na primeira parte e o esforzo da segunda para tratar de rematar o partido o millor posible.

Grazas as infantís que tiveron os seus catro minutiños de xogo.

Só queda que no partido de volta do vindeiro domingo na casa, demos a mesma impresión que no primeiro tempo e poñer un bo colofón a unha temporada que foi moi dura.

Reseña: Un que estaba alí.
Foto: Nai Alba.



No hay comentarios: