CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 39 - MARISTAS CHAMPAGNAT 87
Pese
a non ter ningunha posibilidade de pase á seguinte quenda dado o
resultado da ida, queríamos que o derradeiro partido oficial da
temporada, e máis xogando na casa, fose unha despedida que nos deixase
boas sensacións a nivel individual e de grupo, e un bo sabor de boca ó
público que durante toda a temporada estivo apoiando e animando.

Resaltar
que todas as "rosalianas" conseguiron puntos e, con permiso do resto,
destacar un pouco máis a Clara que hoxe tiña o día, metendo
prácticamente todo o que intentou (15ptos.).

Grazas de novo a esa afición polo seu compromiso e a súa presenza durante toda a temporada.
As xogadoras desta temporada foron: Alba, Clara, Erea, Lara, Lucía, Lidia, Marta e Sabela.
Non
podemos esquecer a todas as xogadoras de categoría infantil que en
distintos partidos viñeron botar unha man e fixéronno francamente ben
dentro das súas posibilidades.
Reseña: Un que estaba alí.
Fotos Ana Nieto y Julio G.
No hay comentarios:
Publicar un comentario