lunes, 20 de enero de 2014

Os infantis masculinos de baloncesto non xogaron

A cita era en Elviña II, tiñamos que estar alí as nove e media da mañá xa que o partido contra o Basquet Coruña 00 estaba posto para as 10. Preguiza tremenda para erguerse,casi sempre nos toca madrugar e buf! ca friaxe que ía o tema era peliagudo.
Pero alí estabamos, dispostos a xogar, dispostos a animar (os espectadores claro) e dispostos a intentalo todo.
Empezaron as miradas de reollo entre os adestradores de un equipo e outro, eran menos cuarto e o árbitro aínda non dera señáis de vida.
Parece que se retrasa pensábamos uns e outros, os das pistas e os das gradas. Dan as dez e alí aínda non aparecera ninguén.
A posibilidade de falar ca federación é inexistente xa que as oficinas pechan o fin de semana. Mal asunto!!!! As cara cada vez son máis preocupantes.
Chegan as nósas nenas que disputanban o seu partido ó remate do que aínda non empezara. As miradas seguíanse a cruzar.
Despois de falar e barallar varias posibilidades decidiuse xogar unha pachanga na media hora que quedaba antes do partido seguinte.
Unha mágoa ter que darse un madrugón para nada pero así pasa as veces, poucos árbitros e ninguén a quen recurrir nestes casos. Esperemos non volte a pasar.
Algo sacamos en limpo UNHAS BOAS FOTOS

Comentario Elena Fotos Lara


No hay comentarios: