martes, 14 de enero de 2014

EMILIA PARDO BAZÁN 38 AS MARIÑAS 51



Non puido ser, un gran partido pero unha nova derrota. Nesta ocasión a falta de xogadores foi a causa principal da derrota xa que só foron a xogar 6 rapaces. Mentras houbo "gasolina" responderon de maravilla, gañando os 3 primeiros tempos cunha gran defensa e un bo xogo de ataque con gran efectividade; 11-2; 8-7 e 8-6. Pero sobrou a segunda parte, no 4º tempo xa se empezou a ver que a algún xogador lle empezaban a fallar as forzas e ese período rematou cun empate a 8. Os "mariñenses" viron o que pasaba e, con máis xente no banquiño, empezaron a presionar moi forte en defensa e a realizar continuos contra ataques ós queos do Emilia xa non podían chegar, iso sumado o gran acerto que tiveron de cara a canastra, incluídos varios triples, levou a un parcial no 5º e 6º tempo de 3-28 que lles deu a victoria merecidamente pero que resultou moi duro para os nosos xa que non só non viron recompensado o esforzo, senón que sufriron un marcador demasiado abultado.

Chicos a seguir a traballar, que neste partido xa se viron algunhas cousiñas boas, pero aínda vos queda moito, e algo bo debe haber cando saíchedes do partido sorrindo.


Aínda que a foto non é deste partido, vale igual.

Crónica por O siaeiro.ros
Fotos de Juan Iglesias

No hay comentarios: