O sábado pasado 5 de Febreiro xogamos contra o Salgado Montrove, a pesares de intentalo durante todo o partido a superioridade do equipo contrario fixo que a derrota fora clara e rotunda, non podendo demostrar nada máis nin nada menos que as moitas gañas de xogar que temos. O resultado foi de 7 os Rosales 58 o Salgado Montrove.
Nesta xornada, sábado 12 de febreiro, o que se demostrou e que non éramos suficientes xa que só se presentaron 4 do benxamín A, e gracias a inestimable colaboración de Uxía poidemos alomenos xogar unha pachanguiña na que perdimos 34 a 14 gañando o Vales Villamarín aínda que puxemos toda carne no asador (realmente parecía así do vermellos que remataron os nosos nenos). Satisfación por ter xogado ben e non desfallecer durante o partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario