domingo, 20 de febrero de 2011

BALONCESTO INFANTIL

CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 30 - COMPAÑÍA DE MARÍA 33

Bo partido dos dous conxuntos con ratos de bo xogo en ataque e con defensas ó limite que propiciaron situacións de contra-ataque por ambos lados. Os colexiais leváronse o encontro ó seu favor gracias ó seu maior acerto de cara á canastra aspecto no que, unha vez máis, os locais estiveron moi desacertados fallando ocasións clarísimas que lle puideron dar a victoria.


Aínda que queda todavía unha xornada por disputarse para acabar a primeira fase da liga, para os "Roseiros" xa rematou ó descansar na última xornada. Previsiblemente quedarán de 7os. o que lles levará a xogar a segunda fase nun grupo no que estarán os clasificados de 6º ó 9º do grupo A e do 6º ó 10º do grupo B. Outros nove partidos, por tanto, para seguir disfrutando deste xogo e continuar mellorando técnicamente e medrando coma xogadores e equipo.
A seguir pasándoo ben e a facer sufrir a afición.

No hay comentarios: