Foi un partido moi estrano dos "rosaleiros" que lle puxeron moitas gañas pero pouca "cabeza" non sendo capaces en ningún momento, de "pausar" o xogo de ataque, fallando moitos tiros e segundas opcións (18 rebotes ofensivos), e perdendo moitísmas posesións (37) que facilitaron a boa labor que xa de por si fixeron os "cambreses" que cunha boa defensa presionante en media pista e rápidas saídas o contra-ataque conseguiron dominar o partido sen moita dificultade. A pesar da diferencia o equipo dos Rosales capturou 36 rebotes defensivos e recuperou 24 posesións. A seguir traballando e retomar a boa liña de traballo que estaba a amosar o equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario