Pero alí estabamos, dispostos a xogar, dispostos a animar (os espectadores claro) e dispostos a intentalo todo.
Empezaron as miradas de reollo entre os adestradores de un equipo e outro, eran menos cuarto e o árbitro aínda non dera señáis de vida.
Parece que se retrasa pensábamos uns e outros, os das pistas e os das gradas. Dan as dez e alí aínda non aparecera ninguén.
A posibilidade de falar ca federación é inexistente xa que as oficinas pechan o fin de semana. Mal asunto!!!! As cara cada vez son máis preocupantes.
Chegan as nósas nenas que disputanban o seu partido ó remate do que aínda non empezara. As miradas seguíanse a cruzar.
Despois de falar e barallar varias posibilidades decidiuse xogar unha pachanga na media hora que quedaba antes do partido seguinte.
Unha mágoa ter que darse un madrugón para nada pero así pasa as veces, poucos árbitros e ninguén a quen recurrir nestes casos. Esperemos non volte a pasar.
Algo sacamos en limpo UNHAS BOAS FOTOS
Comentario Elena Fotos Lara
No hay comentarios:
Publicar un comentario