Bonito partido que empezou co detalle deportivo dos "rosaleiros" facéndolle o "pasillo" o equipo local que, pasara o que pasase no encontro xa eran campeones.
Necesitaban gañar os nosos, e abofé que o fixeron. E lograronno xogando un fútbol sala de alto nivel, controlando moi ben os xogadores contrarios cunha gran presión defensiva e con saídas con gran velocidade ó ataque. Nunha primeira parte memorable conseguiron 2 goles que parecía que encauzaban a victoria. Pero o "5" demostrou porque é o campeón e no comezo da segunda parte presionou un pouco máis e, logo dun roubo de balón, e precedido dunha falta que o árbitro non pitou, conseguía marcar e levar a incertidume á bancada. Pero hoxe os rapaces dos Rosales non estaban dispostos a ceder e rápidamente conseguen meter o 3. Ataque para unha portería, ataque para a outra, boas paradas dos porteiros, boas defensas. Máis oportunidades tiveron os visitantes e así, a falla de dous minutos conseguían marcar de novo e manter esa diferencia ata o final.
Quedan cuartos na clasificación final. Iso dalles o pase a xogar o Teresa Herrera e no mes de abril empezará a copa que aínda non se sabe moi ben con que formato será.
Pase o que pase de aquí en diante, estes rapaces fixeron unha campaña extraordinaria, mellorando partido a partido. Sería bo que se puidese manter o bloque para a próxima temporada na que a maioría xa serán cadetes.
Noraboa a todos os xogadores; Adri.; Álvaro; Ángel; Carlos; Dani; Duarte; Gerardo; Iñaqui; Jorge; Martín; Raúl e Tomás e por suposto ó seu técnico Diego.
Crónica elaborada por O Xornalista Invisible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario