jueves, 26 de febrero de 2015

Baloncesto Benxamín VALES VILLAMARÍN 60 - EMILIA PARDO BAZÁN-LOS ROSALES 16



Facendo unha visión xeral do encontro basta resumilo con: "un mal partido". Un pouco decente a primeira parte pero mala a segunda, na que no cuarto tempo os emilianos encaixaron un 20-0 e xa non houbo máis.
Pero hoxe non hai máis reseña. Hoxe, os adestradores, queren facer chegar a todos; xogadores; pais e afeccionados as seguintes reflexións:
É posible que todos nos crearamos unhas expectativas por riba da realidade no tocante a conseguir resultados competitivos, pero tamén é certo que, pola nosa parte, están bastante xustificadas en base a: o número de nenas e nenos que hai no grupo, a boa relación que teñen entres eles, as gañas con que adestran, o interese e o compromiso de cara a ir ós partidos, a ilusión e a "loita" que poñen en cada un deles, como volven o martes a adestrar logo do partido..., e, por suposto, ese apoio das nais e dos pais e dalgún familiar máis, que seguides indo cada martes e cada venres e cada sábado ou domingo, a buscalos, levalos e sobre todo, a velos.
Todo iso fixo, e fai, que nós teñamos ese impulso para seguir a traballar en conseguir que milloren un pouquiño cada día e que se vaia vendo nos partidos. Sabemos que é dificil de ver con eses resultados, pero aseguramosvos que si están millorando, en pequenos detalles, en cousas que van facendo, en ese rebote que collen, si en ESE, en ese triple que tiran,si en ESE, en ese outro que meten, nese pase que chega o compañeiro/a, nesa loita polo balón que antes sempre nos quitaban...
Ó rematar o partido do sábado, os adestradores preguntámoslle a cada unha das rapazas e a cada un dos rapaces se eles vían que habían millorado dende que empezou esta temporada, e todas/os dixeron que si.
Por aí é por onde temos que tirar e por iso facémosvos unha chamada a manter a ilusión no que queda de temporada, a non baixar agora os brazos e a seguir empurrándolos para que sigan loitando como o veñen facendo.
Moitas grazas por estar aí.
Nico, Andrés e Arturo.
Hoxe a foto non pode ser outra.

1 comentario:

Carlos L. Medrano dijo...

Nós tamén vemos que melloraron: defensa, pase, rebote...
E o máis importante: están motivados e pásano ben, sexa cal sexa o resultado. O ánimo nunca se perde!
Un saúdo
Carlos e Lucía